terça-feira, 28 de abril de 2015

Premio do Certame de primavera (escrita) de "Panxea" e "O Sombreiro de Merlin"



Mel de moitas primaveras

Unha pinga de lúa quedou atrapada no fondo dos meus ollos. Despois de moito tempo, terminou caendo, lánguida: unha bágoa de mel escorregou pola miña meixela, quebrándose en anacos de esquecemento. E así acabou o verán. Marcheime como unha bolboreta triste despois da choiva, para volver máis tarde nun aleteo suave. O meu peito cheo de flores, a miña boca saciada dese mel que se escapa agora en forma de palabras coloridas e risas. Un panal de versos que destilan unha música suave de primavera. Veludo de mel. Aromas de breixo, castaño e framboesa.

* Copyright Maria João Matos

segunda-feira, 13 de abril de 2015

Exposición de fotografía: Compostela interpreta os pioneiros da fotografía


Exposición fotográfica da Asociación Cultural Fotoforum Compostela

Na Casa da Cultura de Outes, do 16 de marzo ao 24 de abril